VÍDEO.- A San Silvestre volve bater récords, con 6.450 corredores
Por Redacción & Diego Torrado
Parecía imposible, pero volveu ocorrer. A Carreira San Silvestre de Pontevedra bateu este ano 2017, no seu XXXIV edición, todos o seu récords e contou con 6.450 participantes. Segundo os datos facilitados pola organización, retiráronse un total de 5.019 dorsais dos 7.000 dispoñibles, pero a participación aínda foi maior, con 1.431 persoas que se presentaron para correr a pesar de non haberse insrito previamente.
O mal tempo e as choivas intensas rexistradas durante os últimos días facía presaxiar unha tarde pouco acolledora para poder correr esta xa tradicional carreira de fin de ano, pero, finalmente, a auga deu unha tregua e a proba puido celebrarse baixo un ceo despexado.
Como xa é habitual, ata a avenida Montero Ríos de Pontevedra desprazáronse persoas de todas as idades, moitas en grupos e un bo número deles disfrazados ou completando a súa vestimenta con adornos do Nadal. En xeral, o ambiente resultou festivo e agradable e non houbo que lamentar incidentes destacables.
A carreira partiu con 16 minutos de atraso e celebrouse sen maiores incidencias que un corredor cunha discapacidade que caeu nun momento do percorrido, que este ano se ampliou a cinco quilómetros e no que houbo, ent odo momento, un dispositivo de seguridade da Policía Local e Protección Civil de Pontevedra.
Á liña de meta chegaron en primeiro lugar, na categoría de mulleres, Edimar Brea, Sandra Mosquera e Uxía Pérez. Entre os homes, os tres primeiros en chegar foron Antonio Serrat, Jorge Puig e Fernando Rial. Cabe destacar que o gañador masculino deste ano repite logro, pois xa logrou ese mesmo posto na edición de 2016.
Como é costume, a Sociedade Ximnástica organizou paralelamente unha recollida solidaria de alimentos en favor de RedeAxuda e tanto o público como os participantes colaboraron na iniciativa.
Relacionadas:
-
A San Silvestre entrega os primeiros dorsais e inicia a súa conta atrás
Por Redacción |
-
Xa está aquí a San Silvestre, con inscricións a partir do 17 de decembro
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo da San Silvestre
Por Redacción |
-
A San Silvestre reclama protagonismo na última semana do ano
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre amplía o seu percorrido nun quilómetro
Por Diego Espiño |