A San Silvestre amplía o seu percorrido nun quilómetro
Por Diego Espiño
A XXXIV edición da Carreira San Silvestre de Pontevedra contará con importantes cambios no seu percorrido, que se verá ampliado nun quilómetro ata os 5.000 metros.
O constante crecemento na participación popular, superando os 6.000 atletas na súa última edición, obrigou a ampliar o circuíto, que sufrirá notables cambios.
A saída volverá estar situada na Avenida Montero Ríos, pero nesta ocasión ao chegar á Praza de España virarase á esquerda para continuar por Alameda, Raíña Victoria, Xeneral Rubín, o tramo peonil sobre el río Gafos, Praza da Constitución, Praza Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, García Camba, Oliva, Marqués de Riestra, Praza de España, Michelena, Praza da Peregrina, Ferrería, Soportais, Curros Enríquez, Rúa Real, Sarmiento, Padre Amoedo, Cruz Vermella, Irmáns Sobrino Buhigas, Sierra, Valentín García Escudero, Rúa da Ponte, San Telmo, Praza do Peirao, Arzobispo Malvar, Condesa Pardo Bazán, Concepción Areal, Martitegui e Prudencio Landín para chegar de novo á Praza de España e á meta situada en Montero Ríos.
Con esta configuración a organización, a cargo da Sociedade Gimnástica co apoio do Servizo Municipal de Deportes, decidiu ampliar en 1.000 números os dorsais dispoñibles e repartirá 7.000 na inscrición que este luns arrincou na Casa da Luz.
Para anotarse será necesario pasar polo posto habilitado e achegar nome, data de nacemento e DNI. A inscrición é de novo de balde aínda que se pide unha colaboración simbólica dun euro para axudar cos custos de organización.
O horario de atención ao público na Casa da Luz será ata o día 28, fóra de sábado 23 e domingo 24 de decembro, é de 17:00 a 19:30 horas. Este horario ampliarase o venres 29 e o sábado 30, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, mentres que o propio domingo día 31 será posible anotarse de 10:00 a 13:30 horas.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- A San Silvestre volve bater récords, con 6.450 corredores
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo da San Silvestre
Por Redacción |
-
A San Silvestre reclama protagonismo na última semana do ano
Por Diego Espiño |
-
Alberto Salcedo destaca no II control de inverno en Sevilla
Por Redacción |
-
As inscricións para a XXXIV San Silvestre de Pontevedra, a partir do día 18
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Máis 6.000 atletas participan nunha San Silvestre que se supera un ano máis
Por Diego Espiño | Creada e actualizada