Johnny Medina, a mellor 'fichaxe' de inverno para o Teucro
Por Diego Espiño
O vindeiro xoves 30 de novembro o Condes de Albarei Teucro conta con recibir unha esperada e agradable noticia, a alta médica de Johnny Medina.
É a data no que o pivote brasileiro pasará a súa previsible última revisión médica poñendo fin a un longo período de convalecencia, despois de caer lesionado de gravidade o pasado mes de marzo nun encontro de liga.
Agora, oito meses despois e co seu xeonllo plenamente curado, Medina prepárase para volver á competición e faino con ganas de gozar da máxima categoría axudando ao equipo, minguado nas últimas semanas no seu posto pola rescisión de Colasuonno.
A pesar das ganas que recoñece ter, o xogador teucrista non se pon prazos para ir entrando no equipo. "Sé que ha sido una lesión complicada y también el médico me dijo que fuera poco a poco. Todo dependerá de cómo me sienta y de cómo vaya respondiendo la pierna", asegura.
Dependerá pois da decisión de Quique Domínguez, que gaña unha peza importante no equipo especialmente no que á defensa se refire. Unha faceta na que o Teucro rendeu a gran nivel na última xornada pero que será necesario potenciar durante un mes de decembro cargado de partidos conscientes de que "si defendemos como defendimos ante Valladolid podremos optar a cualquier partido"..
PRIMEIRO DÍA DE SAMU GÓMEZ
Ao regreso tras lesión de Johnny Medina únese esta semana outra volta, a de Samu Gómez, que este martes incorporouse aos adestramentos tras rescindir oficialmente o seu contrato co Palma del Río.
O pivote andaluz reencontrouse cos seus vellos compañeiros este martes nunha xornada con dobre sesión de traballo programada na que o plantel comezou a preparar o derbi pontevedrés de Asobal do próximo sábado en Cangas.
Relacionadas:
-
Irún, nova cita no maratón de partidos do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Punto que vale ouro para o Teucro nun emocionante partido ante o Ciudad Encantada (21-21)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Festivo de balonmán para o Teucro cun partido "muy importante" ante o Ciudad Encantada
Por Diego Espiño |
-
Cangas e Condes de Albarei Teucro converten o empate nun clásico dos derbis (26-26)
Por Ramiro Espiño |
-
Esperado e importante primeiro derbi da tempada entre Cangas e Teucro
Por Diego Espiño |
-
Santana e unha gran defensa elevan ao Teucro ante o Atlético Valladolid (28-22)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro repesca a Samu Gómez para reforzar o seu plantel
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Benidorm adiantan os seus partidos de Copa do Rei
Por Redacción |