Unha nova e ilusionante tempada para o Club Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu un ano máis a presentación oficial do Club Waterpolo Pontevedra.
A entidade deportiva consolidouse nos últimos anos con máis dun cento de deportistas federados nas diferentes categorías, femininas e masculinas.
Todos eles, cos seus respectivos equipos, acudiron ao evento, que estivo conducido polo artista pontevedrés Fredi Cruxer.
Xunto a el subiron ao escenario o directivo José Tellería e os adestradores Javi de Sáa e Kike García, que explicaron os obxectivos do Waterpolo Pontevedra para a tempada que xa está en marcha.
A presentación concluiu coa tradicional foto de familia con todos os xogadores, adestradores e directivos presentes.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra recupera o ritmo cunha goleada na Coruña
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra encaixa en Santiago a súa primeira derrota da tempada
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra sofre pero mantense invicto na Primeira División Galega
Por Redacción |
-
Un recoñecemento nacional ao traballo do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra inicia a tempada con bo pé
Por Redacción |