Viaxe exprés do Arxil a Barcelona
Por Redacción
Despois de dúas derrotas consecutivas, o Club Baloncesto Arxil quere remontar o voo na Liga Feminina 2, na súa visita á pista do Joventut Les Corts (domingo, 12:30 horas), conxunto co que está empatado na metade da clasificación.
O equipo pontevedrés viaxará no mesmo día a Barcelona, nun desprazamento de ida e volta en avión á primeira hora da mañá para regresar tras o choque.
As de Mayte Méndez esperan poder despregar o seu mellor xogo e esquecer as desconexións momentáneas que lle supuxeron as derrotas na casa ante o Celta e ante o Ensino en Lugo.
Esa será unha das claves do encontro. A outra defender con acerto á máxima anotadora da categoría, Nerea Garmendia, que promedia ata agora 21,25 puntos por partido e é ademais a xogadora que encabeza o ránking de valoración na categoría.
Será o segundo encontro a domicilio consecutivo para as verdes, que esperan ir progresando no seu xogo.
Relacionadas:
-
Arxil paga coa derrota fronte a Aros León (60-71) non saber pechar o rebote defensivo
Por Ramiro Espiño |
-
A recta final do partido permite ao Arxil sorrir ante Joventut Les Corts (63-74)
Por Redacción |
-
O maldito segundo cuarto volve condenar o Arxil, esta vez en Lugo (67-57)
Por Redacción |
-
O Arxil paga cunha contundente derrota o seu mal segundo cuarto fronte o Celta (53-72)
Por Redacción |