Aprazan a carreira popular Urban Blue Run de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas anunciou o adiamento da carreira popular prevista para o vindeiro sábado, 19 de agosto, que se ía a disputar por primeira vez baixo a denominación de Urban Blue Run.
Asegura o goberno local que a intención é "reorganizala cun formato solidario".
A nova data da carreira, anunciada como unha proba de 5.000 metros de lonxitude nun percorrido mixto de asfalto e terra a través do paseo fluvial e o carreiro azul, será desvelada proximamente, aseguran desde o goberno local.
Desta forma a organización traballa xa en converter a cita "nunha referencia do deporte envorcado cara á solidariedade", polo que se optou por "gañar tempo" co adiamento para definir todos os detalles do evento, no que se prevé involucrar a deportistas e público de todas as idades, tal e como argumentaron desde o Concello para xustificar esta decisión.