Marín mantense como sede da Semana Abanca coa vista posta nunha "regata de remo olímpico internacional"
Por Redacción
O Club de Remo Ría de Marín volverá ser o responsable de organizar en Marín unha das citas da Semana Abanca de deportes naúticos.
Así o confirmou a organización do evento, que asegura ademais ter nos seus plans de futuro "celebrar en Marín unha gran regata de remo mar de carácter nacional e unha de remo olímpico internacional".
As competicións de remo dentro deste evento, que abarca tamén probas de vela e por primeira vez de piragüismo en varias rías galegas, Porto e Xixón, comprenderán regatas de remo tradicional, remo olímpico e remo ergómetro na Ría de Pontevedra con catalagoción de Copa Galicia.
As actividades programadas en Marín completaranse ademais coa Gala do Remo de Galicia organizada pola Federación Galega de Remo.