Máis dun milleiro de deportistas converterán a Marín no centro de atención do remo nacional
Por Redacción
Un ano máis Marín converterase en capital nacional do remo coas competicións incluídas na Semana Abanca.
Está previsto que máis dun milleiro de deportistas participen durante dúas fins de semana nas diferentes competicións e modalidades de remo previstas, baixo a organización da Federación Galega de Remo, o Club de Remo Ría de Marín, o Club Marítimo de Vigo, o Club de Remo Vila de Cangas e o Real Club de Mar de Aguete.
Por esta orde, Marín será sede da Copa Galicia de Bateis-Trofeo Concello de Marín, o Trofeo ENCE de Remo Ergómetro reservado ao deporte escolar e por último na Copa Ibérica de Remo Olímpico-Gran Premio ENCE.
Ademais o auditorio do colexio Illa de Tambo será escenario da Gala do Remo Galego.
A competición arrincará este sábado 28 de outubro coa Copa Galicia de Bateis, que se disputará en horario de mañá (clasificatorias) e tarde (finais) fronte ao paseo Alcalde Antonio Blanco.
Pola súa banda a primeira fin de semana do mes de novembro será quenda para as competicións escolares durante o sábado e o domingo, pecharase o ciclo de remo coa Copa Ibérica de remo olímpico.
A intención dos organizaores, sinalaron na presentación do ciclo, pasa traballar en que Marín se converta nun referente do remo nacional, albergando incluso unha proba de "gran transcendencia".
Relacionadas:
-
O forte vento obriga a suspender por segunda vez a Copa Ibérica de Remo Olímpico
Por Redacción |
-
Aprazada ata o día 25 a Copa Ibérica de remo olímpico que se ía a celebrar o sábado na ría
Por Redacción |
-
O Club de Remo Rianxo, triunfador da Copa Galicia de Bateis en Marín
Por Redacción |
-
Marín mantense como sede da Semana Abanca coa vista posta nunha "regata de remo olímpico internacional"
Por Redacción |