Continuidade no banco do Leis Pontevedra
Por Redacción
O Leis Pontevedra pechou as renovacións de Manu Cossío e Raúl Jímenez, que seguirán un ano máis como adestradores dos equipos masculino e feminino da entidade respectivamente.
Cossío estará á fronte do equipo pontevedrés por sexta tempada consecutiva, afrontando de novo a liga de Segunda División B. Ademais continuará colaborando coas categorías inferiores, nas que desempeñará o cargo de director de contidos e metodolgía do club.
Máis incerto é o futuro do equipo feminino no que Raúl Jiménez encarará o seu segundo ano no banco, despois do descenso deportivo na Segunda División.
A intención do club pasa por solicitar á Real Federación Española de Fútbol unha praza na categoría de prata, pero se non é posible o equipo sairá na Liga Autonómica.
Trátase, aseguran desde o Leis, de dar continuidade a un proxecto deportivo pensando no longo prazo, que pasa por ir sumando ano a ano a máis xogadores procedentes das categorías inferiores.