Pontevedra pon en xogo o Campionato Galego de Ciclismo Elite e Sub-23
Por Redacción
Os novos campións de Galicia de ciclismo elite e sub-23 se coronorán na Praza de España de Pontevedra. Ese será o punto de partida e tamén a liña de meta do Campionato Galego de Ciclismo en estrada que se disputará o vindeiro domingo 4 de xuño.
O pelotón, aberto á participación de equipos do resto de España e Portugal, iniciará o seu percorrido ás 10:00 horas, fronte ao edificio do Concello, antes de afrontar 131 quilómetros con zonas esixentes para os ciclistas e que se prevén decisivas.
A caravana da proba iniciará a marcha polas estradas da comarca do Morrazo atravesando Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa antes de dirixirse cara a Arcade e buscar unha das súas fases máis esixentes por Souotmaior, Ponte Caldelas e Marcón.
A menos de 40 quilómetros de meta os corredores pasarán de novo Pontevedra e abandonarán a cidade de Lérez para afrontar o punto clave da xornada, xa que sairán cara a Poio para realizar a ascensión ao alto da Escusa, situado a só 23 quilómetros do final. Desde alí a carreira descenderá cara a Samieira para regresar cara á capital provincial pasando por Combarro e Poio e entrando na cidade pola Barca.
A chegada a meta, no horario máis rápido previsto pola organización, situaríase ao redor das 13:08 horas.
Relacionadas:
-
Pedro Merino e Martín Bouzas gañan ao sprint o campionato galego de ciclismo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Martín Lestido prolonga o seu bo momento cun terceiro posto na Vuelta a Alicante
Por Redacción |
-
Martín Lestido dálle ao Froiz unha nova Volta a Coruña
Por Redacción |
-
Martín Bouzas e Guillermo García, nomes destacados do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |