O torneo de fútbol-7 de Monte Porreiro desborda ilusión
Por Redacción & Diego Torrado
Foron dous días de diversión e competición, pero tamén de moita ilusión os vividos no campo de fútbol de Monte Porreiro.
Alí celebrouse o VII Torneo de Semana Santa de Fútbol-7 para as categorías alevín e benxamín, co premio engadido nesta ocasión que a competición na categoría pequena poñía en xogo a clasificación para o XIX Torneo Internacional Cidade de Pontevedra organizado polo Portero 2000.
Abriron boca o Xoves Santo os alevíns, con triunfo final para o Santa Mariña A, que se impuxo á final ao seu equipo B, mentres o Portero 2000 completou o podio.
Pola súa banda o venres era quenda para os benxamíns, un total de 24 equipos entre a quenda de mañá e o de tarde coa ilusión de enfrontarse a equipos como o Sporting de Portugal, Benfica, Villareal, Deportivo ou Celta, todos eles participantes da última edición do Torneo Internacional pontevedrés.
Os que se gañaron o dereito para participar na fase final foron o AD Sagrado e a AJ Lérez de Pontevedra, o Portonovo SD e tamén SD Cristo Victoria, Colexio Hogar, Ural CF e Pabellón CF.
O XIX Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de fútbol benxamín terá lugar os días 10 e 11 de xuño na Xunqueira.
Relacionadas:
-
Suspendidos os partidos do torneo de futbol benxamín de Monte Porreiro
Por Diego Torrado & Ramiro Espiño |
-
Benfica supera o Celta nos penaltis e leva o "XIX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Monte Porreiro goza coa primeira xornada do XIX Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cambio de escenario pero mesma emoción para a fase final do Torneo Internacional de Fútbol Benxamín
Por Diego Espiño |
-
Sporting de Portugal imponse nunha bonita final do "XVIII Torneo Internacional de Fútbol-7 Benxamín"
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |