O Poio Pescamar arranca coa venda de entradas para as finais da Copa Xunta
Por Redacción
Achégase unha das citas da tempada para o Poio Pescamar, as finais da Copa Xunta que terán lugar no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra o luns 1 de maio.
Polo título autonómico feminino pelexarán, ás 17:00 horas, o Poio Pescamar e o Ourense Envialia, mentres ás 18:45 horas disputarase a final masculina entre Santiago Futsal e Burela Pescados Rubén.
O Poio Pescamar, organizador da cita, anunciou o inicio da venda anticipada de entradas para a xornada, que se poderán retirar a partir do luns 17 de abril en horario de tarde no pavillón municipal da Seca, en Poio, e tamén na tenda de deportes Pontefutbol Twinner en Pontevedra. Ademais habilitarase un terceiro punto de venda na cidade de Ourense, no campo de Oira.
O prezo fixado para as entradas, para os dous partidos, é de 5 euros para o público adulto e de 3 euros para os menores de 16 anos.
O club vermello espera un grande ambiente nas bancadas nunha xornada na que tentará facerse coa súa primeira Copa Xunta.
Relacionadas:
-
Unha ponte festiva para a ilusión no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Badalada do Poio Pescamar que termina coa imbatibilidade do líder Atlético Navalcarnero (1-2)
Por Redacción |
-
Poio, a un paso de acoller a Copa de España de fútbol sala feminino
Por Redacción |
-
A copa máis preto para o Poio Pescamar ao impoñerse a Cidade das Burgas (4-2)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar rabuña un punto en Burela (1-1)
Por Redacción |