A copa máis preto para o Poio Pescamar ao impoñerse a Cidade das Burgas (4-2)
Por Redacción
Tres puntos para asentarse na sexta praza e acariñar o obxectivo da clasificación para disputar a copa. O Poio Pescamar deu un paso importantísimo nun dos derbis galegos ao impoñerse ao Cidade das Burgas, nun partido igualado no que ambos os equipos empregáronse a fondo polo moito que había en xogo.
O choque comezou cun temperán gol das "rojillas", obra de Ceci á saída dunha falta ao bordo da área aos dous minutos de xogo. Cinco minutos máis tarde, chegaba o segundo en xogada moi similar e coa mesma protagonista, cuxo remate tocaba no corpo de Iria e despistaba a Ana baixo paus.
Pese ao marcador en contra, o Cidade non se engurraba e buscaba a portería local. O Poio coa renda ao seu favor mostrábase cómodo sobre a cancha tentando sentenciar á contra.
Na segunda parte, Iria á saída dun córner botado por María Arias, metía de cheo ao Cidade no partido, que gañaba en emoción e un un conxunto ourensán que buscaba a igualada.
Con todo sería o Poio Pescamar o que ampliase a conta, cando Ale de Paz culminaba en gol un roubo de balón de Ceci. Reaccionaba o Cidade recortando de novo distancias, esta vez por mediación de Figo no segundo pau, tras unha boa parede entre Iria e Candela.
O partido pasou entón a un emocionante ida e volta do que sacou proveito o equipo de Marcio Santos, co cuarto gol conseguido por Patri de volea, tras unha boa combinación.
A seis minutos da conclusión o Cidade optou polo xogo de cinco, en busca dunha reacción final que non chegaría, mercé ao bo facer defensivo das locais.
POIO PESCAMAR (4): Silvia; Jenny, Jessy, Ceci e Ale de Paz (quinteto inicial). Tamén xogaron, Patri, Cárol e Suki.
CIDADE DE AS BURGAS (2): Ana; Candela, María Arias, Iria e Figo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Nerea e Clara.
Árbitros: Carreira e González (Galicia). Amoestaron a Iria no Cidade e a Jessy no Poio.
Goles: (1-0) Minuto 2: Ceci. (2-0) Minuto 7: Ceci. (2-1) Minuto 21: Iria. (3-1) Minuto 26: Ale de Paz. (3-2) Minuto 28: Figo. (4-2) Minuto 29: Patri.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 450 espectadores.
Relacionadas:
-
Badalada do Poio Pescamar que termina coa imbatibilidade do líder Atlético Navalcarnero (1-2)
Por Redacción |
-
Poio, a un paso de acoller a Copa de España de fútbol sala feminino
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar arranca coa venda de entradas para as finais da Copa Xunta
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar rabuña un punto en Burela (1-1)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar golea un rival directo como Gironella (5-1) e apunta á copa
Por Redacción |
-
Puntos de ouro para o Poio Pescamar que remonta ao Jimbee Roldán (1-3)
Por Redacción |