Moito máis que un partido para o Peixe Galego
Por Redacción
O Peixe Galego afrontará este sábado (20:00 horas) na Raña unha auténtica final na loita pola permanencia na LEB Ouro.
O club marinense recibe ao Magia Huesca, equipo co que está empatado actualmente na táboa e que ocupa o segundo dos postos de descenso tras o triunfo do pasado domingo do Peixe ante o Leyma Coruña.
Por ese motivo a vitoria antóllase fundamental para os de Javi Llorente, que recobraron a moral ao deixar atrás a súa mala serie de oito derrotas consecutivas.
Agora a presión é para o seu rival, que encadea sete xornadas sen gañar e que en caso de caer en Marín perdería tamén o average, xa que no choque de ida o Peixe impúxose de maneira agónica despois de dúas prórrogas.
O cadro marinense agarda recuperar efectivos para a cita, tras perderse os últimos partidos por lesión Miso e Oubiña e contar cunha rotación de só 8 xogadores ante o Leyma Coruña.
Neste aspecto Javi Llorente xa poderá contar co base canario Jorge Romero, recentemente fichado procedente do Breogán nunha operación que coincidiu coa baixa do pívot Mario Cabanas, que asinou polo San Pablo Inmobiliaria Burgos.
Relacionadas:
-
Triunfo vital do Peixe Galego sobre o Huesca (73-71) cunha tripla de Andrés Miso sobre a bucina
Por Redacción |
-
Movementos no Peixe Galego, que dá a baixa a Cabanas e reforza a súa liña exterior
Por Redacción |
-
Partidazo do Peixe Galego para vencer ao Leyma Coruña e volver engancharse á LEB Ouro (73-67)
Por Redacción |
-
As baixas castigan ao Peixe Galego en Melilla (91-63)
Por Redacción |