Triunfo vital do Peixe Galego sobre o Huesca (73-71) cunha tripla de Andrés Miso sobre a bucina
Por Redacción
Era unha auténtica final e A Raña vibrou co seu equipo quizais como non o facía desde o día do ascenso. Marín Peixe Galego deu un paso de xigante na súa loita por evitar o descenso cunha importantísima vitoria ante un rival directo pola salvación como o Magia Huesca. Unha tripla de Andrés Miso sobre a bucina final deu a volta ao marcador adverso, permitindo ademais de gañar o partido, facerse co basquetaverage sobre o equipo maño.
Emoción ao grande, para un final de infarto. Andrés Miso non só conseguiu a canastra do triunfo, sinó que foi o mellor do equipo "peixe", con 19 puntos, 5 rebotes e 19 de valoración, pero sobre todo por ter o amorne de asumir a responsabilidade no momento decisivo, cando a moitos lle treme a boneca.
Os de Javi Llorente comezaron levando a iniciativa e mandando durante a maior parte do primeiro acto, chegando a poñerse 5 arriba aos 7 minutos do inicio (17-12). Pero o Magia Huesca non tardou en reaccionar e ao final do primeiro cuarto lograban poñerse por primeira vez con vantaxe cun triplo de Gantt (20-21).
No segundo cuarto, os dous equipos alternáronse no mando do luminoso, ata que o Peixe puxo a directa cun parcial de 9-0, para lograr a máxima vantaxe do partido (41-32).
Pero Huesca non se rendeu e aos poucos as diferenzas volveron reducirse ata poñerse só a un punto ao comezo da segunda metade (43-42). Isto facía aos locais volver poñer unha marcha máis no xogo para non perder a súa vantaxe e da man de Andrés Miso recuperaban o dominio (54-47).
O últimos dez minutos de xogo, con todo por decidir, ofreceron a un Huesca que da man de Gantt so poñía por diante a 5 minutos do final (67-68). Os maños fixeron temer o peor cando subiron a súa vantaxe a catro (67-71) a falta de 1'26", pero aí xurdiu o Peixe para, apoiado polo seu público remontar. Tim Derksen anotaba contra taboleiro, aproveitando unha asistencia de Manu Ferreiro (69-71). Quedaba menos dun minuto no que pasou de todo.
Primeiro perdoou Huesca, fallando dous ataques e dous tiros libres que poderían significar a sentenza. Derksen capturou un rebote pero non acertou a transformar o lanzamento de dous. Parecía que o partido estaba perdido, pero aínda quedaban as emocións máis fortes nos oito segundos finais.
A Huesca trémelle o pulso e Bulic comete pasos a falta de tres segundos. Tempo suficiente para que Andrés Miso obre o milagre, metendo unha tripla máxico que daba a vitoria ao Marín Peixe Galego (73-71) e facía estalar de xúbilo A Raña.
Consulta aquí as estatísticas do Marín Peixe Galego-Magia Huesca.
Relacionadas:
-
Gabe Rogers retorna ao Peixe Galego para reforzar o seu xogo exterior
Por Diego Espiño |
-
"Motivos persoais" provocan a saída de José Simeón do Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
O Palma Air Europa acaba co bo momento do Peixe Galego (80-69)
Por Redacción |
-
Marín acollerá en xuño o Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto
Por Diego Espiño |
-
Moito máis que un partido para o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Movementos no Peixe Galego, que dá a baixa a Cabanas e reforza a súa liña exterior
Por Redacción |
-
Partidazo do Peixe Galego para vencer ao Leyma Coruña e volver engancharse á LEB Ouro (73-67)
Por Redacción |