A Gimnástica, un club que non para de medrar
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra despediu o ano 2016 coa satisfacción do traballo ben feito tras seguir consolidando a estrutura do club e continuar crecendo no seu número de deportistas.
Unha vez máis superouse o número de atletas federados con 411, dos cales 183 son mulleres e 228 homes repartidos nas diferentes categorías.
Deses 441 atletas, 169 causaron baixa na tempada que comeza e 145 déronse de alta, unha cifra que se prevé equilibrar durante os primeiros meses de 2017.
Entre as baixas, as máis relevantes son as de Rocío Rodríguez, Alex Flórez, David Martínez, Enric Obiol, Robertas Geralavicius ou Laureano Martínez, pero incorporáronse á Gimnástica a atletas como Francisco Rodríguez (100-200), David Abalde (400), Carlos Porto (1500), Francisco López (110v), Alfredo González e Jesús Álvarez (3.000 obstáculos), Pablo Brieva (tripla), Marta Fernández (400v), Ainhoa Vázquez (marcha), Andrea González e Lucía Seijas (combinadas).
Ademais das medallas nas diferentes competicións de ámbito autonómico e estatal, o mellor de 2016 foi a actuación dos equipos absolutos masculino e feminino. O primeiro conseguindo unha notable oitava posición en División de Honra no seu décimo ano na máxima categoría, e o segundo logrando o ascenso á Primeira División Nacional, sen esquecer o cuarto posto dos rapaces na Copa do Rei.
A nivel individual en 2016 os deportistas do club pontevedrés conseguiron 152 medallas en competicións oficiais, das que 121 corresponderon a campionatos galegos, 11 a campionatos de España e o resto a outros campionatos.
Como colofón a todo iso a Gala do Atletismo Galego recoñeceu á Sociedad Gimnástica como mellor club de galicia 2015, no que supuxo o seu cuarto galardón consecutivo.
SORTEO DE CAMISETAS ASINADAS POR JAVI GÓMEZ NOYA
Tras o éxito de participación da XXXIII San Silvestre, e tal como anunciara o club, celebrouse o sorteo de 10 camisetas asinadas polo pentacampión mundial de tríatlon, Javier Gómez Noya.
Os gañadores, que adquiriran previamente a camiseta do club, son os números 004, 011, 022, 119, 130, 135, 201, 223, 225 e 249, correspondentes a un boleto entregado a cada un dos compradores.
Relacionadas:
-
Oitavo posto para a Gimnástica na Copa do Rei de atletismo
Por Redacción |
-
As probas combinadas son territorio da Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica, mellor club da Copa Galicia en pista cuberta
Por Redacción |
-
Boas sensacións nas últimas competicións do ano para a Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica estará por sexto ano consecutivo na Copa do Rei de atletismo
Por Diego Espiño |
-
Catro reforzos para o equipo feminino da Gimnástica no seu regreso á Primeira División
Por Redacción |