As probas combinadas son territorio da Gimnástica
Por Redacción
Gran resultado o conseguido polos atletas da Sociedad Gimnástica no Campionato Galego de Combinadas por Equipos, celebrado en Lugo.
Por terceiro ano consecutivo o equipo masculino do club pontevedrés levou o título, mentres o equipo feminino concluíu na segunda posición da clasificación xeral.
A nivel individual os resultados tamén foron notables, con Santi Ferrer como o mellor atleta absoluto con 4.865 puntos, seguido por Álex Solla (4.106 puntos). Ademais no heptatlón xuvenil Pablo Torjal foi primeiro (3.274 puntos), mentres no hexatlón o debutante Raúl Cortizo foi segundo (3.235 puntos).
En canto ao equipo feminino a mellor puntuación en categoría absoluta logrouna Lucía Seijas (2.684), seguida por Paula Martín (2.538) e Andrea González (2.489).
A xornada atlética celebrada en Lugo concluíu cun control de marcas no que tamén participaron deportistas da Gimnástica.