Último posto da Gimnástica na loita polo título na División de Honra masculina
Por Redacción
Xa só estar na final polo título era un éxito para a Gimnástica e, a pesar de que o tentaron, os pontevedreses non lograron escapar a oitava praza, a última na competición polo título da División de Honra de atletismo, celebrada este sábado en Castelló.
Con dez probas acabando en sétimo lugar, a metade das 20 programadas, fíxose moi difícil escapar desta última posición da final de División de Honra.
Pero desde o club destacan que non é un resultado decepcionante, porque o nivel atlético foi moi alto e os pontevedreses competiron ao seu máximo nivel. De non ser porque non puntuou o triplo salto, a valoración das marcas sería o mellor resultado na xornada final de División de Honra dos mozos da Gimnástica.
O Playas de Castellón con 139 puntos non tivo moitos problemas en revalidar o título, ao colocar os seus atletas nalgún posto entre os tres primeiros de cada proba fóra dunha descualificación nos 400 metros. O FC Barcelona acabou segundo con 124 puntos e completou o podio o Marathon de Madrid con 92,5 puntos.
A Gimnástica acabou oitavo con 54 puntos. Viuse superado polo Pamplona con 80 puntos, o Fent Cami Mislata con 75,5 puntos, o Tenerife con 75 e a Real Sociedad tamén con 75 puntos.
Os mellores resultados dos atletas pontevedreses foron os tres postos en terceiro lugar, con Lysvanys Pérez no salto de altura ao exceder os 2,10 metros, Alberto Salcedo nos 200 metros con 21.39 e Alberto Guerrero nos 800 metros con 1.49.93, que é a mellor marca da Gimnástica en División de Honra.
Relacionadas:
-
Os atletas da Gimnástica acoden o Nacional Promesa coas medallas en mente
Por Redacción |
-
A Gimnástica, a facer un bo papel na final da División de Honra
Por Redacción |
-
A final da División de Honra de atletismo, en Castellón
Por Redacción |
-
A Gimnástica métese na final polo título de División de Honra
Por Redacción |