O CGTD estrea bancada cuberta
Por Redacción
Foi durante moito tempo unha das grandes demandas de deportistas e afeccionados que acudían con frecuencia ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva e ao fin é unha realidade.
A pista de atletismo do centro pode presumir xa de bancada cuberta, unha vez concluídos os traballos de instalación e os últimos retoques, como o pintado da instalación.
Desta forma, e a partir do próximo martes 27 de decembro, a bancada abrirase ao público.
Para a construción da cuberta destináronse algo máis de 30.000 euros.