A afección da Ponferradina mobilízase para estar en Pasarón
Por Redacción
Despois de catro anos consecutivos na división de prata do fútbol español, a Sociedad Deportiva Ponferradina comparte grupo na Segunda B co Pontevedra, convertido nun dos equipos para bater. Non comezou ben a tempada o conxunto berciano, pero foi mellorando co paso das xornadas e agora, con Pedro Munitis como novo adestrador, situouse xa na pelexa polo play-off de ascenso.
Esta situación de melloría animou á Federación de Peñas do club para organizar unha viaxe para os seus afeccionados con motivo do choque do próximo domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón, onde os granates tentarán manter a súa imbatibilidade na casa.
Aínda que este tipo de viaxes organizáronse xa a Boiro, Mieres ou Palencia, a progresión do equipo fai que se espere unha notable presenza de seguidores visitantes nas bancadas do estadio pontevedrés.
Cun prezo de 27 euros, que inclúe viaxe e entrada, partirá a expedición das peñas da Ponferradina o mesmo día de partido, domingo 6 de novembro, ás 8:00 horas.
Ademais espérase que máis seguidores do club branquiazul cheguen á cidade de Lérez en vehículos particulares.
Relacionadas:
-
Golpe de autoridade dun sólido Pontevedra (2-0) ante a Ponferradina
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Exercicio de solidez do Pontevedra para sumar en Tudela o seu primeiro triunfo fóra (0-1)
Por Redacción |
-
Tudela, nova opción do Pontevedra para estrearse fóra da casa
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Remonta o Pontevedra fronte a Osasuna B (3-1) para manter intacto o fortín de Pasarón
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |