Aarón González faise centenario
Por Redacción
O II Torneo San Froilán disputado o pasado fin de semana en Lugo serviu para que un deportista marinense, Aarón González, se teña convertido en centenario.
O púxil do Team Thunder chegou en Lugo á cifra de 100 combates na súa carreira, e fíxoo da mellor maneira, gañando a súa pelexa ante Brian Aranibar.
Aarón mostrouse cauteloso ante o ímpeto inicial do boxeador local, e foi de menos a máis para terminar dominando e estar preto de tombar en dúas ocasións ao seu rival.
Tras o seu bo combate recibiu a ovación do pavillón. Ademais o marinense recibiu de mans do promotor da velada, Rocky Álvarez, unha placa conmemorativa por chegar ás 100 pelexas.
Os seus compañeiros de equipo Lorea Murgoitio, Alex Sánchez acompañáronlle na velada, aínda que Lorea non puido finalmente participar pola indisposición da súa rival. Pola súa banda Álex disputou un bo combate pero acabou cedendo aos puntos ante o campión galego de 2015.
Tras o II Torneo San Froilán, o Team Thunder céntrase agora na súa próxima cita, o sábado 15 de outubro en Vigo onde Álex Sánchez medirase a Alberto Loureiro, actual campión autonómico, e Cristian Hernández terá como rival a Jonathan Rodríguez.