Tripla medalla para o Team Thunder no Campionato de España de Boxeo
Por Redacción
Non conseguiron ningún título, pero a participación do Team Thunder de Marín no Campionato de España de Boxeo Olímpico foi sobresaliente.
O club mariense presentouse á competición, celebrada no Polideportivo Novo Mesoiro da Coruña, con tres deportistas e todos eles lograron subir ao podio, con dúas medallas de bronce e unha de prata.
Precisamente esta última, a de prata, logrouna Rocío Suárez no peso minimosca (-48 quilos) tras unha gran competición na que só cedeu na final e de maneira axustada ante a asturiana Andrea Mateos.
Pola súa banda Lorea Murgoitio, púxil vasca do Team Thunder, subiu ao terceiro chanzo do podio no peso gallo (54 quilos) tras perder na súa semifinal ante a madrileña Paloma Ramos.
Completou o palmarés marinense no Nacional Aarón González, que non puido revalidar o título conseguido o ano pasado en Murcia pero conseguiu a medalla de bronce no peso welter (69 quilos). O deportista de Marín caeu en semifinais nun polémico combate ante o que sería gañador da competición, o canario John Dickson.
En definitiva un gran campionato para o Team Thunder no que "as sensacións foron mellores que nunca e quizais un pouco máis de sorte en momentos puntuais cambiasen a cor das medallas", sinalaron desde o club.
Relacionadas:
-
Atletismo popular e boxeo para unha completa fin de semana deportiva en Marín
Por Redacción |
-
Aarón González e Lorea Murgoitio, clasificados para a final do Open Castela e Léon
Por Redacción |
-
Aarón González faise centenario
Por Redacción |
-
O Team Thunder de Marín volve á actividade na Velada Internacional de Boxeo de Barcelona
Por Redacción |
-
Noite de boxeo e emoción na Raña
Por Diego Torrado |
-
Homenaxe aos mellores deportistas marinenses de 2015
Por Redacción |
-
Aarón González proclámase en Murcia campión de España de boxeo olímpico
Por Redacción |