O Team Thunder de Marín volve á actividade na Velada Internacional de Boxeo de Barcelona
Por Redacción
Pasado o verán o Team Thunder de Marín retoma a competición e faio nun torneo de nivel.
Convidado pola Federación Catalá de Boxeo, o club marinense participará con tres dos seus deportistas na Velada Internacional de Boxeo de Barcelona do 23 ao 25 de setembro, que contará con representación das seleccións de varios países europeos.
Alí estarán Lorea Murgoitio, bronce nos último campionatos de España elite (-54 quilos); Rocío Suárez, prata en -48 quilos; e Aarón González, tamén medallista nacional en -69 quilos.
O Team Thunder aposta esta tempada por dar un paso á fronte na categoría elite, acudindo a máis competicións de nivel, pero sen descoidar o crecemento da base.
Ademais o club confirmou que tomará parte no torneo Spanish Leyends, no que Aarón González e Mario Peteiro debutarán na primeira eliminatoria o 30 de setembro e Lorea Murgoitio, xa clasificada para cuartos de final, competirá o 29 de outubro.
Pola súa banda as categorías de base preparan estes días a súa participación en Maceda (Ourense) nunha competición á que desprazarán ata 22 deportistas.