Prazas cubertas en seis modalidades das escolas deportivas municipais
Por Redacción
Unha semana despois de abrir o prazo de inscrición, seis modalidades cubriron xa todas as súas prazas nas escolas deportivas municipais.
Fútbol (Portero 2000), atletismo (iniciación), judo e tríatlon pecharon xa a súa cota de prazas, mentres o resto de clubs que ofertan fútbol (SCD Salcedo, Salgueiriños CF, ACD A Seca), baloncesto (CB Estudantes), ximnasia (educación física I do Treboada) e o segundo nivel de iniciación no atletismo cubriron prazas pero manteñen aberta a lista de espera.
No resto de modalidades deportivas quedan aínda prazas dispoñibles, ata completar as 2.147 prazas habilitadas.
O prazo de inscrición manterase aberto ata o día 28 de outubro, con horario de atención ao público de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas no despacho de billetes do Pavillón Municipal dos Deportes.