Críticas do PP polo sistema de inscrición das escolas deportivas
Por Diego Espiño
Despois dunha xornada inicial bastante tranquila, o Instuto Municipal de Deportes (IMD) abriu este mércores o prazo de inscrición da maior parte das escolas deportivas.
A afluencia de pais foi sensiblemente maior que a do martes, especialmente á primeira hora da mañá, pero non se reproduciron as escenas de longas colas de anos anteriores, ante o traballo dos empregados do IMD que asesoraban na mesma fila aos presentes.
A pesar diso, e ante a imaxe de pais esperando ante os despacho de billetes do Pavillón Municipal dos Deportes nun "episodio que se reproduce desde hace 16 años", o Partido Popular compareceu ante os medios de comunicación para denunciar a "ingente aglomeración" e o sistema aplicado "dando números como en la cola del supermercado" explicou Tomás Abeigón.
Para o edil da oposición "se ha convertido la inscripción en un castigo y suplicio para los padres", e lembrou que en novembro de 2015 o PP presentou no pleno municipal unha moción que pedía a implementación dun sistema telemático que evite aos proxenitores "perder toda a mañá" resolvendo estes trámites.
CAMBIOS PARA 2017
Cuestionada respecto diso a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, recoñeceu que "é un sistema que posiblemente no 2017 trataremos de ir mudando" de acordo cos clubs implicados, xa que este ano "ten certas peculiaridades" ao estarse a tramitar actualmente a disolución do IMD "para convertilo nun servizo de deportes potente".
Unha postura que xa explicou, asegura, no citado pleno da corporación, e que agora acordará cos clubs que contan con escola municipal. Por outra banda Riveiro quixo "felicitar aos técnicos do IMD" polo seu "gran traballo e esforzo" durante estes días.
Relacionadas:
-
Un plan estratéxico para o deporte pontevedrés, proposta do PP no Pleno Municipal
Por Redacción |
-
Prazas cubertas en seis modalidades das escolas deportivas municipais
Por Redacción |
-
Tranquila apertura de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais
Por Redacción |
-
Máis de 2.100 prazas para un novo curso das escolas deportivas municipais
Por Redacción |