Freada á boa marcha do Marcón e derrota do Pontevedra B
Por Redacción
Despois de dous triunfos consecutivos no arranque ligueiro, o Marcón Atlético encaixou a súa primeira derrota da tempada ao perder no campo do Chaín (2-0).
O cadro pontevedrés non atopou as sensacións das primeiras xornadas e viuse sorprendido polo seu rival na segunda metade nun choque que se empezou a decidir cun penalti aos 66 minutos de partido.
Lanzouse entón o Marcón a por o empate, pero co tempo cumprido os locais sentenciarían co definitivo 2-0.
A pesar da derrota mantéñense na zona nobre da Primeira Rexional ao ser quintos con 6 puntos.
Consulta aquí o acta do Chaín-Marcón Atlético.
O que non termina de arrincar é o Pontevedra B de Santi Mariño, que tras dous empates nas xornadas iniciais tamén sumou a súa primeira derrota e segue sen gañar en liga.
O filial granate cedeu no campo do Umia (1-0) mercé a un gol de Nacho nos minutos finais do partido.
Este resultado deixa ao Pontevedra B na décimo quinta praza con 2 puntos.
Consulta aquí o acta do Umia-Pontevedra B.