Dúas baixas de última hora para un Cisne que quere empezar a liga convencendo
Por Diego Espiño
O Cisne conta as horas para arrincar oficialmente a súa segunda campaña consecutiva na División de Honra Prata, recibindo este sábado (18:00 horas) ao Gijón Jovellanos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Os de Jabato queren comezar con bo pé a liga, aínda que son conscientes que é complicado repetir o triunfo ante os asturianos en pretempada, cando venceron nun amigable por un claro 28-19.
"El partido será mucho más complicado que el de pretemporada", asegura o técnico do Cisne, xa que o Gijón conta con "buenos jugadores y con experiencia", polo que pode ser determinante, asegura, o factor cancha.
Por se fora pouco os pontevedreses perden de maneira inesperada a dous dos seus xogadores para a cita, Pablo Gayoso e Alejandro Conde, debido a unha reclamación presentada polo seu club de procedencia, o Academia Octavio, polos seus dereitos federativos. A Federación Española pediu tempo para estudar o caso e aínda que no club confían nunha pronta solución, non poderán participar no primeiro choque da tempada.
O partido será arbitrado polos castelán-leoneses Colmenero Guillén e Rollán Martín.
ACORDO DE PATROCINIO
A poucas horas de empezar a tempada, o Cisne anunciou ademais que o Colexio Los Sauces pasa a ser un dos seus principais patrocinadores, polo que figurará no frontal da camiseta de xogo durante toda a tempada.
Relacionadas:
-
Dolorosa derrota nos minutos finais do Cisne en Córdoba (27-26)
Por Redacción |
-
Prometedor debut do Cisne fronte a Gijón Jovellanos (32-26)
Por Ramiro Espiño |
-
Os pontevedreses miden a súa puntería co Cisne
Por Mónica Patxot |
-
"Viñemos para quedar", avisa un Cisne que mantén prezos na súa nova campaña de socios
Por Diego Espiño |