Guijuelo, punto de partida para a tempada granate
Por Diego Espiño
Acabaron as probas. O Pontevedra inicia este domingo (18:00 horas, Municipal de Guijuelo) a súa andaina na liga cun complicado desprazamento.
Os granates queren comezar con bo pé a tempada ante un rival que xa lles venceu a pasada campaña no primeiro partido de liga, entón disputado no Municipal de Pasarón.
Luisito dispuxo durante toda esta semana adestramentos en superficie sintética para adaptarse ás condicións que se atopará no campo salmantino.
O técnico do equipo pontevedrés non poderá contar para a cita con Iker Alegre por lesión nin Mario Barco por sanción, e ademais deixou fóra da convocatoria de 18 xogadores a Adrián Gómez.
Desta forma a convocatoria granate compóñena: Edu, Santi Canedo, Miguel, Bonilla, Bruno, Capi, Portela, Jacobo Trigo, Kevin, David Añón, Álex Fernández, Mateu Ferrer, Mouriño, Jacobo, Álex González, Abel Suárez, Miki e Gonzalo.
Pola súa banda o Guijuelo, adestrado este ano por Mateo García, contará coa baixa de Ayub, lesionado de longa duración, e do defensa Ayala, ao que non lle chegou a tempo o transfer para ser inscrito na competición.
O encontro será arbitrado polo colexiado estremeño Manuel García Gómez.
Relacionadas:
-
Chegar e bicar o santo: Mateu Ferrer consegue o gol do empate do Pontevedra en Guijuelo (1-1)
Por Redacción |
-
Mario Barco e Mateu Ferrer, unha parella de dianteiros que promete "ilusión y trabajo"
Por Diego Espiño |
-
Kevin Presa "se queda en el Pontevedra" tras renovar o seu contrato para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
O xeonllo de Iker Alegre, principal preocupación ante o debut ligueiro en Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra sen ganas despide a pretemporada con derrota en Moaña (2-0)
Por Redacción |