Cambados e Breogán do Grove, campións da Liga Galega de Kaiak de Mar
Por Redacción
A Liga Galega de Kaiak de Mar viviu no municipio de Cabanas a súa regata final cun grande resultado para os clubs do Salnés.
Aínda que non gañaron a regata, o Club Piragüismo Cambados asegurouse o título de liga na categoría masculina grazas aos 246 puntos acumulados, do mesmo xeito que o Breogán do Grove na categoría feminina (239 puntos).
En Cabanas os vencedores parciais foron para o Club Kaiak de Mar Ría de Muros-Noia na categoría feminina e do Ría de Aldán na masculina.
Ademais con estes resultados a III Copa Sipre queda encabezada polo Club de Mar Ría de Aldán con 246 puntos, por diante do Club Piragüismo Cambados e o Club Piragüismo Olívico que suman respectivamente 244 e 230 puntos repectivamente.