Destacado papel da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra no Grove
Por Redacción
A falta dunha proba para o fin da Liga Galega Infantil de piragüismo a E.P. Ciudad de Pontevedra está en disposición de pelexar polo título nas dúas categorías, feminina e masculina.
O club pontevedrés chega a esta situación tras destacar en XXX Trofeo Concello do Grove a pasada fin de semana nunha regata de barcos dobres, conseguindo a vitoria na clasificación xeral masculina, con 1.902 puntos polos 1.662 puntos do Náutico de Pontecesures e os 853 do Club Piragüismo Portonovo.
Reptirieron triunfo na clasificación feminina ao sumar 1.248 puntos, por diante de Náutico de Pontecesures e As Torres Romaría Vikinga.
Con estes resultados na liga Galega a E.P. Ciudad de Pontevedra chega á cita final do campionato, o 18 de setembro no municipio ourensán da Veiga, como líder na categoría feminina (416 puntos), seguido do Náutico de Pontecesures (412 puntos), unha situación entre ambos os clubs dá a volta, cos mesmos puntos, na categoría masculina.