Un emocionante sprint decide os gañadores do XXXIV Trofeo Virxe do Carme de ciclismo
Por Redacción & Diego Torrado
Un total de 65 de ciclistas participaron este sábado na trixésimo cuarta edición do trofeo Virxe do Carme de Marín, unha proba que volveu a levar ás rúas do municipio a emoción do ciclismo en categoría cadete, junior e máster.
A proba, de 74 quilómetros de percorrido por un circuíto circular polas rúas de Marín, decidiuse ao sprint. O gañador absoluto foi Iago Alonso, do Club Ciclista Ría de Vigo. Completaron o podio David Vidal (Código Atlántico) e Ruben Fernández (Cycling Team Cabañas).
En categoría feminina, o triunfo foi para a ciclista local Irene Trabazo.
Pola súa banda, cun emocionante sprint final tamén se decidiu a proba cadete, na que os mozos participantes tiveron que percorrer 45 quilómetros.
O gañador foi César Pico do Club Ciclista Cidade de Lugo, que se impuxo ao seu compañeiro de equipo Juan Villada. Terceiro foi Felipe Pavón (Club Ciclista Ponteareas).