Último gran reto da tempada para Irene Trabazo no Campionato de España Junior de ciclismo en ruta
Por Redacción
Irene Trabazo afrontará a próxima fin de semana o Campionato de España Junior de ciclismo en ruta, ao que acode dentro da Selección Galega.
A deportista do Club Ciclista Marín buscará na localidade cántabra de Reinosa un bo resultado nunha disciplina que esta tempada está a serlle esquiva.
O seu debut na competición producirase o venres 2 de setembro ás 19:30 horas coa contrarreloxo, sendo a única galega participante nun circuíto de 12,2 quilómetros.
Pola súa banda o domingo día 4 Trabazo tomará parte tamén da carreira en liña xunto ás lucenses Andrea Tomei e Zaida González. A carreira arrincará ás 9:00 horas cun percorrido de 83,6 quilómetros.
Completan o equipo galego no Campionato de España Junior, en categoría masculina: José Carlos Amil (Cambre-Renault Caeiro), Alexandre Blanco (Aluminios Cortizo-Padronés), Daniel Rodríguez e Iñigo Rodríguez (Altairán-Redondela), Yago López e Guillermo García (Autronic-Vigués) e Aitor Bugarín, Jesús Rodríguez e Aarón Mariño (Cidade de Lugo).