Camila Alonso e Alberto Castiñeira triunfan no Tríatlon Concello de Poio
Por Diego Torrado
O circuíto galego de tríatlon na estrada chegou este sábado a Poio coa disputa do VI Tríatlon Concello de Poio, en Campelo, no que participaron ata 230 deportistas.
Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) foron os vencedores da proba, gañando así o dereito para representar a Galicia no próximo Campionato de España por Autonomías.
Na categoría feminina a loita foi moi igualada entre tres compañeiras do Tríatlon Ferrol como Camila Alonso, Sara Guerrero e Melina Alonso, que foron xuntas na cabeza durante a natación e a bicicleta ata que todo se decidiu na carreira a pé. Ao final impúxose Camila (1:02:00) seguida de Sara Guerrero (1:03:03) e Melina Alonso (1:02:35).
Na proba masculina produciuse un corte de sete deportistas tras a natación. No grupo ía Alberto Castiñeira, que concluíu o ciclismo cuns poucos segundos de vantaxe e encarou o tramo a pé en solitario ata a liña de meta cun tempo de 54:55. Segundo foi Martín Carreira (55:57) e terceiro Ismael López (56:07).
Consulta aquí as clasificacións completas.