Sete anos de Tríatlon Concello de Poio
Por Redacción
Un ano máis, e van sete, Campelo gozará do mellor tríatlon autonómico coa celebración do Tríatlon Concello de Poio.
Máis de 250 deportistas daranse cita nunha competición que se disputará nas inmediacións do porto de Campelo o vindeiro sábado 8 de xullo.
A actividade arrincará ás 15:30 horas cunha proba popular en distancia minisprint (300 metros a nado, 10 quilómetros en biciclieta e 1.600 metros de carreira a pé).
Despois, ás 16:30 horas, será quenda para os deportistas federados sen corte, mentres ás 17:50 e ás 18:00 darase a saída ás probas absolutas feminina e masculina respectivamente, todas elas en distancia sprint (750 metros a nado, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé).
Na presentación do evento Luís Piña, responsable da Federación Galega de Tríatlon, felicitou ao Concello de Poio por "ser el primer concello que en una misma temporada apuesta por cuatro modalidades diferentes de triatlón", tras a celebración dun dúatlon cros, un aquatlón e unha proba escolar.