Silgar acollerá en xullo unha xornada da Liga Europea de fútbol praia
Por Redacción
A segunda xornada da Liga Europea de Fútbol Praia recalará en Sanxenxo durante o próximo mes de xullo, no que supón un paso máis na aposta por esta modalidade deportiva tras a celebración o pasado ano da Copa RFEF.
Nesta ocasión bateranse en Sanxenxo oito seleccións nacionais, entre elas a de España, en tres días emocionante competición na praia de Silgar, do 8 ao 10 de xullo, no que corresponsa á máxima división.
Os equipos nacionais estarán divididos en dous grupos. No A enfrontaranse España, Ucraína, Romanía e Francia, mentres no B a actual campioa da competición, Portugal, verase as caras Suíza, Grecia e Alemaña.
Ademais loitarán polo ascenso de categoría Inglaterra, Turquía, Andorra, República Checa, Noruega e Holanda.
A organización ten previsto instalar no areal un estadio con capacidade para 2.500 persoas e entrada de balde para o público.
Na presentación do campionato, ademais do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, estiveron presentes Ramiro Amarelle, lenda viva do fútbol praia nacional e agora representante da FIFA Beach Soccer, e Gabino Renales, vicepresidente de Beach Soccer Worldwide.
Relacionadas:
-
Sanxenxo despídese da Liga Europea de fútbol praia con triunfo para España
Por Redacción |
-
Xornada de visitas ilustres e bo ambiente nas bancadas de Silgar
Por Redacción |
-
Emoción e goles no arranque da Liga Europea de Fútbol Praia
Por Redacción |
-
Tres días do mellor fútbol praia europeo en Silgar e pola cara
Por Redacción |
-
Propoñen organizar en Sanxenxo unha xornada da Liga Europea de fútbol praia
Por Redacción |
-
Sanxenxo vibra co triunfo do Coruxo vigués na I Copa RFEF de fútbol praia
Por Redacción & Diego Torrado |