Sanxenxo vibra co triunfo do Coruxo vigués na I Copa RFEF de fútbol praia
Por Redacción & Diego Torrado
Miles de persoas achegáronse esta fin de semana á praia de Silgar en Sanxenxo para gozar co espectáculo do mellor fútbol praia nacional.
Alí celebrouse ata este domingo a I Copa RFEF e, como guinda, o triunfo quedou na casa. O Coruxo vigués, reforzado coa participación de xogador internacional Ramiro Amarelle, proclamouse campión desta nova competición deportiva.
Coas bancadas, o campo e a zona do paseo marítimo abarrotados de público, os vigueses impuxéronse por 6-2 ao Levante. Pecharon así un campionato maxistral, xa que tan só perderon un único partido, disputado na fase de grupos ante a Valencia.
Ademais, Amarelle, que asinou un maxistral gol de chilena que se coou pola escuadra nesta final, foi nomeado como o mellor xogador do torneo.
No partido polo terceiro e cuarto posto, o Fútbol Praya Huelva derrotou ao Valencia por un apertado 7-6.
TRAXECTORIA DO CORUXO
Ata alcanzar o triunfo nesta I Copa RFEF de fútbol praia, o Coruxo non tivo problemas para pasar a fase de grupos ao lograr dúas vitorias, ante o Bala Azul (1-8) e a Melilla Intergymfitness (10-2); mentres que perdeu ante a Valencia (6-7). Xa en semifinais, os vigueses derrotaron con claridade ao Fútbol Praia Huelva por 3-11.
Relacionadas:
-
Silgar acollerá en xullo unha xornada da Liga Europea de fútbol praia
Por Redacción |
-
Propoñen organizar en Sanxenxo unha xornada da Liga Europea de fútbol praia
Por Redacción |
-
Ramiro Amarelle participará co Coruxo na Copa RFEF de fútbol praia en Silgar
Por Redacción |
-
O mellor fútbol praia nacional cítase en Sanxenxo
Por Redacción |