Os terreos de Tafisa e o Miradoiro de Monte Porreiro, novos espazos para a Gladiator Race
Por Redacción
A escasos días para a súa celebración, o vindeiro sábado 4 de xuño, a Gladiator Race presentou oficialmente a súa segunda edición en Pontevedra con varias novidades para os participantes.
Finalmente serán ao redor de 2.600 os aventureiros que participarán na proba, repartidos en quendas de 150 persoas cada 15 minutos ao longo de toda a xornada.
Nesta ocasión non só será a Illa das Esculturas o único escenario da proba, cuxo circuíto de 11,5 quilómetros na súa versión longa con 33 obtáculos terá a súa saída nos terreos de Tafisa para pasar tamén polo o Miradoiro de Monte Porreiro.
En canto aos obstáculos, haberá "tres o cuatro innovaciones" con respecto ao pasado ano, segundo confirmou o director da proba, Serafín Martínez. Entre eles un bautizado como o 'Mont Blanc', con 6 metros de altura.
Os participantes poderán retirar os dorsais para a competición o venres 3 de xuño, de 16:30 a 20:00 horas, no concesionario de Ibericar Gestoso, patrocinador do evento, ou o mesmo sábado no Recinto Feiral.
Relacionadas:
-
Pontevedra, cidade de 'gladiadores'
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Máis de 2.300 inscritos para a segunda edición da Gladiator Race
Por Redacción |
-
A segunda edición da Gladiator Race de Pontevedra abre inscricións
Por Redacción |
-
A Gladiator Race anuncia unha segunda edición en Pontevedra para o próximo 4 de xuño
Por Redacción |
-
Nunca me rendo!!!
Por Redacción |
-
Castor Salgado e Andrea Montero, os aventureiros máis rápidos da Gladiator Race de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |