Máis de 2.300 inscritos para a segunda edición da Gladiator Race
Por Redacción
Éxito de inscrición na segunda edición da Gladiator Race, proba de obstáculos que repite este ano experiencia na cidade.
O vindeiro sábado 4 de xuño reuniranse na Illa das Esculturas de Pontevedra máis de 2.300 aventureiros, 200 máis que no seu primeiro ano na cidade, aínda que a cifra pode aumentar ata última hora deste martes 31 de maio, data tope para anotarse.
O maior número de participantes concéntrase na categoría 'Warriors', con máis de 1.300 deportistas que afrontarán 11,5 quilómetros de percorrido e 33 obtáculos.
Nesta ocasión habilítase ademais unha categoría de menor dureza, a 'Rocket', con 6 quilómetros e 21 obtáculos. Nesta proba participarán máis de 700 persoas.
Por último tamén se organizará unha proba para menores de idade, a 'Gladiator Kids', na que tomarán parte máis de 250 nenos nunha carreira non competitiva estruturada en función da idade de cada un deles.
A Gladiator Race de Pontevedra será clasificatoria para a OCR European Championships, unha competición que reúne cada ano aos mellores deportistas das principais carreiras de obstáculos de Europa.
Relacionadas:
-
Pontevedra, cidade de 'gladiadores'
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Os terreos de Tafisa e o Miradoiro de Monte Porreiro, novos espazos para a Gladiator Race
Por Redacción |
-
As carreiras de obstáculos chegan ao Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
A segunda edición da Gladiator Race de Pontevedra abre inscricións
Por Redacción |
-
A Gladiator Race anuncia unha segunda edición en Pontevedra para o próximo 4 de xuño
Por Redacción |
-
Nunca me rendo!!!
Por Redacción |
-
Castor Salgado e Andrea Montero, os aventureiros máis rápidos da Gladiator Race de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |