O ceo deu unha tregua e Monte Porreiro botou a correr
Por Diego Torrado
Pintaban mal as previsións meteorolóxicas, pero o ceo quixo acompañar a festa deportiva en Monte Porreiro, permitindo unha grande xornada de ateltismo na IV Carreira Pedestre Gran Premio UNED, segunda cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra.
Máis de medio milleiro de deportistas participaron na cita, con 504 inscritos na proba absoluta ao que sumar os menores de idade participantes nas categorías inferiores.
Tras os pequenos chegou a quenda da carreira principal, na que se impuxeron Iván Docampo e Leticia Fernández.
Docampo, cun tempo de 25 minutos e 40 segundos, foi o máis rápido en completar os 8 quilómetros de percorrido polo barrio pontevedrés, acompañándolle no podio José Alberto Bastos (26:09) e Amadeo Abal (26:30).
En categoría feminina Leticia Fernández entrou en meta na primeira posición cun tempo de 30:33, seguida de María del Rosario Figueroa (32:12) e Lorena Salgueiro (34:11).
Consulta aquí os resultados completos da IV Carreira Pedestre de Monte Porreiro.
Relacionadas:
-
O Burgo, 20 anos de aposta polo deporte coa Carreira Pedestre Santiaguiño
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena e Leticia Fernández reinan en Campañó
Por Diego Torrado |
-
A Carreira Pedestre de Campañó reinvéntase mantendo a súa esencia "rompepernas"
Por Diego Espiño |
-
Monte Porreiro tamén ten Gran Premio
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Salcedo bótase a correr coa VIII Carreira Pedestre de San Brais
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Abre o prazo de inscrición para o IV Circuíto de Carreiras Populares
Por Redacción |