Unha Semana Santa de balonmán en Príncipe Felipe
Por Redacción
A Cidade Infantil Príncipe Felipe foi escenario estes días de Semana Santa do campus de balonmán impulsado polo Instituto Municipal de Deportes co apoio do Club Cisne.
Durante tres xornadas 59 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 15 anos gozaron aprendendo e perfeccionando aspectos deste deporte.
Xunto a eles estiveron por exemplo, o adestrador do Cisne de División de Honra Prata, Nano Martínez, e outros técnicos como Chan, Chiqui, Barreiro, Chechu, Ana, Chicho e Miguel Monteagudo.
Ademais os pequenos deportistas gozaron da experiencia de xogadores de elite como Carlos Pombo, Javi Vázquez, Juan Novás, Pablo Rey, Fabián González e Carlos García, este último capitán da SociedadeDeportiva Teucro da Liga Asobal.