Fran Fandiño, operado con éxito da súa lesión de pube
Por Diego Espiño
Fran Fandiño inicia a conta atrás para o seu regreso aos terreos de xogo despois de ser intervido con éxito este venres da súa lesión de pube no Hospital Miguel Domínguez.
Segundo informa o Pontevedra Club de Fútbol nun comunicado, o futbolista "foi sometido a unha intervención cirúrxica por espazo de 45 minutos debido a unha lesión por rotura muscular a nivel do abdutor esquerdo e osteopatía de pube".
A operación foi realizada polo Dr. Enrique Ortega e por Alberto Domínguez, médico do clube, que estima o tempo de recuperación en tres meses. O propio Fran Fandiño, xa no seu cuarto, mostrouse optimista asegurando que fará todo o que estea ao seu alcance para recortar ao máximo o tempo de baixa, "ya he hablado con nuestra fisioterapeuta Nerea para intentar hacer lo posible y reducir los plazos".