Primeiro podio da tempada para Lucía Vázquez
Por Redacción
Lucía Vázquez concluíu na segunda posición o BTT Vila Franca, primeira proba puntuable da Taça Portugal 2016 na modalidade olímpica de cros country olímpico (XCO), no que supón o seu primeiro podio da tempada.
A biker de Vilaboa viuse superada pola ucraína Nataljia Krompets, mentres a estoniana Maaris Meier foi terceira.
"Tiven moi boas sensacións e estou contenta co resultado", sinalou tras a proba Lucía, nunha competición portuguesa na que defende o título logrado a pasada campaña.
Krompets marcou un tempo dunha hora e 25 minutos e avantaxou á vilaboense en preto de dous minutos e medio, mentres Meier entrou en meta a catro minutos da vencedora.
En Vila Franca Lucía explica que "mantiven o ritmo e a posición toda a carreira porque a diferenza coa primeira sempre roldaba os dous minutos. Sabía que non ía alcanzala, polo que me centrei en controlar e confirmarme co segundo posto".
O próximo Lucía Vázquez repetirá experiencia en Portugal coa segunda cita puntuable da Taça, no XCO Internacional de Marrazes en Leiria, proba de categoría C1.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez ascende ao liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Primeira vitoria do ano para Lucía Vázquez ao impoñerse na cita inicial do Superprestigio MTB
Por Redacción |
-
Debut sen fortuna para Lucía Vázquez no Open de España de BTT
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez inicia en Valencia a súa defensa do Open de España
Por Redacción |