Vitoria a domicilio do Poio Pescamar na cancha do Orvina (2-6)
Por Redacción
Claro triunfo do Poio Pescamar na súa visita á cancha do Lacturale Gurpea Orvina (2-6) nun partido con dúas partes moi diferentes.
Na primeira, pese ao dominio das vermellas, ante a falta de acerto en ataque o que se adiantou foi o cadro local, no minuto 17, cun tanto de Patri.
Tras o descanso o Poio repúxose do golpe e nunha gran segunda metade deu a volta ao marcador. No 23 Suki empataba de falta, e tres minutos despois Nerea facía o 1-2.
As rápidas transicións das xogadoras pontevedresas levaban perigo constante e así chegarían os goles de Yoli, Pipi e Irene para sentenciar o choque. A pesar de que o Orvina fixo o 2-5 a dous minutos de final, o Poio seguiu ao seu conseguindo un gol máis, de Yoli, como premio á súa superioridade.
Co triunfo o Poio Pescamar sitúase na décima praza con 23 puntos, a 12 dos postos de descenso.
LACTURALE GRUPEA ORVINA (2): Rebeca, Anna Riera, Patri, Susana, Lucía -cinco inicial- Miriam, Yarima, Adela, Irati.
POIO PESCAMAR FS (6): Irene, Jessy, Claudia, Charo, Yoli -cinco inicial- Elena, Jenny, Nerea, Pipi, Suki, Ale de Paz.
Árbitros: Javier Díaz y Stalin Bravo. Amoestaron a Susana nas locais e a Jessy no Poio.
Goles: 1-0 Patri (min-17), 1-1 Suki (min.23), 1-2 Nerea (min.26), 1-3 Yoli (min.31), 1-4 Pipi (min.32), 1-5 Irene (min.37), 2-5 Lucía (min.38), 2-6 Yoli (min.39).
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo Ezkaba de Pamplona ante preto de 200 espectadores.