O Poio Pescamar queda a un paso da remontada ante o Burela (4-5)
Por Redacción
Demostrou o Burela en Poio por que é un dos aspirantes ao título na Primeira División de fútbol sala feminino, pero a piques estivo o Poio Pescamar de rascar algo positivo nos minutos finais (4-5).
As lucenses impuxeron o seu ritmo desde o inicio e marcaron o seu terreo na primeira metade, na que dominaron e acertaron en ataque para marcharse cunha vantaxe de catro goles ao descanso.
A pesar de que as locais aguantaron os primeiros minutos, Ceci inauguraba o marcador na súa volta á Seca aos cinco minutos e Danny facía o segundo na seguinte acción. Ale de Paz en propia meta e Lara, cun tiro afastado antes do descanso, parecían deixar encarrilado o choque.
Con todo, as xogadoras adestradas por Jorge Basanta non se renderon e saíron no segundo tempo dispostas a poñer en apuros ao segundo clasificado da liga.
Jessy aos 29 minutos facía xustiza ao traballo do Poio inaugurando o seu marcador, e Charo no 16 metía no choque ás vermellas, pero Danny poñía de seguido o 2-5.
Nin con esas rendeuse o Poio, que apostou polo xogo de cinco e no último minuto anotou dous goles, ambos de Yoli, que daban emoción ao partido, aínda que non quedaba tempo para máis e as locais quedaron a un paso dunha heroica remontada.
POIO PESCAMAR (4): Irene; Jenny, Charo, Jessy, Yoli -cinco inicial- Claudia, Moldes, Pipi, Suki, Ale de Paz, Elena.
BURELA FSF (5): Andrea, Maite, Dany, Bea Mateos, Ceci, Andrea -cinco inicial- Cladia, Peque, Lara, Judith, Eva.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal da Seca.
Relacionadas:
-
As defensas impóñense aos ataques no duelo entre Poio Pescamar e Universidad de Alicante (1-1)
Por Redacción |
-
Vitoria a domicilio do Poio Pescamar na cancha do Orvina (2-6)
Por Redacción |
-
Óso duro para o Poio Pescamar na visita do Burela
Por Redacción |
-
Majadahonda priva da vitoria ao Poio Pescamar no último minuto (4-4)
Por Redacción |