O Alcorcón fai valer o seu poderío para impoñerse ao Poio Pescamar na Seca (1-3)
Por Redacción
Fixo valer os prognósticos o Alcorcón na súa visita ao pavillón da Seca (1-3) ante un Poio Pescamar que buscaba esquecer as dúas últimas derrotas na casa, ante o Rubí en liga e Ourense Envialia en Copa Xunta.
As vernellas víronse superadas desde o inicio polas terceiras clasificadas e decidiron esperar a súa oportunidade á contra ante o dominio madrileño.
O que chegou con todo foi o 0-1 aos 5 minutos de xogo, por medio de Orive culminando unha rápida transición en ataque. O partido seguiu igual e aos 11 minutos chegaría o segundo tanto visitante, cun disparo afastado de Natalia. Quixeron reaccionar as xogadoras de Jorge Basanta, pero o balón seguía sendo para un Alcorcón que marchou ao descanso en clara vantaxe.
Ao comezo do segundo acto empezou a mellorar o Poio, pero o que chegou foi o terceiro das madrileñas, cun gol de Ro nunha contra.
A cinco minutos do final Basanta optou polo xogo de cinco na busca da remontada, pero fallou acerto e só Claudia nos segundos finais conseguía reducir distancias.
POIO PESCAMAR (1): Irene; Yoli, Jessy, Charo, Pipi -cinco inicial- Elena, Ale, Suki, Moldes, Claudia, Jenny.
AD ALCORCÓN (3): Miriam; Anita Luján, Pitu, Isa García, Desirée -cinco inicial- Orive, Cris Llanos, Natalia Flores, Ro, Vadillos, Aída, Belén.
Goles: 0-1 Orive (min.5), 0-2 Natalia (min.11), 0-3 Ro (min.33), 1-3 Claudia (min.40).
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal da Seca ante máis de 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Majadahonda priva da vitoria ao Poio Pescamar no último minuto (4-4)
Por Redacción |
-
Remontada incompleta do Poio Pescamar fronte ao Cidade de As Burgas (6-5)
Por Redacción |
-
Os penaltis apartan ao Poio Pescamar da final da Copa Xunta
Por Redacción |
-
Un gol nos últimos segundos tumba ao Poio Pescamar ante o Rubí (3-4)
Por Redacción |