Marín rende honras aos heroes da Copa LEB Prata
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Aínda que no deportivo o equipo afánase nos adestramentos volver á realidade para encarar a súa primeira defensa do liderado, o vindeiro sábado na Raña ante o Zornotza, Marín segue vivindo a resaca copeira.
O primeiro título nacional da historia do Peixe Galego, o conseguido ao impoñerse en Ávila na Copa LEB Prata, merecía unha homenaxe ao grande cos veciños e afeccionados que tivo que esperar ata este mércores, coa recepción ofrecida polo Concello.
Alí todo o plantel pousou para numerosas fotos, gozaron dun vídeo coas súas fazañas e coa pancarta xigante que será despregada no seu pavillón.
Na quenda de palabras, o primeiro en tomar a testemuña foi o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, testemuña da final en Ávila e un home "feliz desde el sábado".
O edil mostrouse confiado en que a copa supoña "un paso más" na traxectoria dun club que o foi gañando, porque "cada logro que ha ido consiguiendo nos parecía imposible", sinalou en relación ao seu paso por EBA, o ascenso a LEB ou o campionato de España.
Pola súa banda o capitán, Manu Ferreiro prometeu "seguir trabajando" para que este título "sea sólo el primer éxito".
Tras as verbas do directivo Manuel Omil, pechou a recepción a alcaldesa, María Ramallo, que quixo acordarse do "padre y a veces hasta madre de este equipo que es Luis Santiago", sinalou en referencia ao presidente 'peixe'.
Unha homenaxe merecida que terá a súa continuación con seguridade na pista da Raña o vindeiro sábado a partir das 19:30 horas.
Relacionadas:
-
Espectacular actuación de Javonte Green na vitoria de Marín Peixe Galego (73-90) sobre Simply Olivar
Por Redacción |
-
O Peixe Galego reforza o posto de base para o tramo final da tempada
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego completa a súa semana de gloria superando ao Zornotza (89-75)
Por Redacción |
-
Antonio Pantín fai un 'Sergio Ramos' co seu trofeo de MVP da Copa LEB Prata
Por Redacción |
-
O Peixe Galego fai historia en Ávila gañando a Copa LEB Prata
Por Redacción |