O Club Atletismo Miler organiza un acto co pasado, presente e futuro do mellor mediofondo nacional
Por Diego Espiño
A Casa da Luz, na céntrica Praza da Verdura, acollerá o vindeiro luns 21 de decembro "un acto irrepetible. Algo grande que reflexa o atletismo de Pontevedra na súa historia".
Así explicou Gonzalo Méndez os actos previstos durante a presentación dunha xornada que organiza o recentemente creado Miler Vintage Running Club, no segundo aniversario da tenda rexentada polo atleta Víctor Riobó.
Centrado na historia do mediofondo nacional reuniranse no acto, aberto ao público de maneira gratuíta, lendas nacionais como José Luis González, subcampión do Mundo de 1.500 metros, récord de España de Milla; ou Manuel Carlos Gayoso, olímpico en Munich e "mellor atleta pontevedrés da historia", sinalou Méndez.
Acompañaranlles figuras actuais como Javier Gómez Noya, pentacampión do Mundo de tríatlon, ou Solange Pereira, deportista galega que foi a atleta europea con máis vitorias en Milla durante 2015.
Completarán a charla Adrián Ben (Viveiro), campión de España xuvenil e sexto do Mundo, e o manager Miguel Ángel Mostaza.