Apelación devólvelle os seis puntos ao Racing, que pasa a estar a un do Pontevedra
Por Diego Espiño
Novo cambio na clasificación do Grupo I da Segunda B a golpe de despacho. Apenas unha semana despois de que o Comité de Competición sancionase ao Real Racing coa perda de seis puntos, Apelación deu a razón ao club cántabro.
Desta forma o Racing recupera os puntos perdidos e pasa a ter 22, empatando co Lealtad na sexta praza e a só un punto do Pontevedra, que pecha a zona de play-off de ascenso.
O Comité de Apelación da Real Federación Española de Fútbol resolveu de forma cautelar anular a sanción de Competición tras aceptar a FIFA os argumentos dos santanderinos.
A pesar de sinalar o cautelar da resolución, o caso non volverá influír na presente liga. Úsase porque a débeda co Panahinaikos grego que motivou a sanción mantense, pero está suxeita ao concurso de acredores que atravesa o club e non poderá ser reclamada ata que este finalice.
PARTIDO DE COPA FEDERACIÓN
Mentres, o Pontevedra atópase inmerso na preparación do partido ligueiro do sábado en Vigo, o club granate confirmou o horario do choque ante o Marino de Luanco da próxima semana correspondente á Copa Federación.
O encontro de ida da eliminatoria xogarase o xoves 3 de decembro ás 20:30 horas no Estadio Municipal de Pasarón, con entradas para o público a un prezo de 12 euros en Tribuna, 8 euros e Preferencia e 5 nos fondos.
Relacionadas:
-
O Pontevedra defende en Vigo a súa posición de play-off
Por Diego Espiño |
-
Pendentes da enfermaría no regreso aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
O descenso directo, a nove puntos tras sancionar Competición ao Real Racing
Por Diego Espiño |
-
Seis puntos menos para o Racing de Santander por unha sanción da FIFA?
Por Redacción |