O descenso directo, a nove puntos tras sancionar Competición ao Real Racing
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol conta, de súpeto, cun amplo colchón de puntos con respecto á zona de descenso.
É a consecuencia da sanción que o Xuíz de Compeitción impuxo ao Real Racing, ao que quitou seis puntos como consecuencia dunha débeda contraída polo conxunto cántabro co Panathinaikos desde o ano 2009 pola fichaxe dun xogador.
Competición dá cumprimento así á resolución da FIFA do pasado mes de setembro.
A consecuencia directa desta decisión é que o Racing de Santander cae desde o noveno lugar que ocupaba en metade de táboa no Grupo I de Segunda B con 19 puntos ata o descenso directo, sendo agora décimo oitavo con 13 puntos.
Esta sanción afecta indirectamente aos granates, que ven como o descenso afástase a nove puntos de distancia e a zona de promoción pola permanencia a oito.
O club cántabro anunciou que presentará recurso ante o Comité de Apelación da Real Federación Española de Fútbol.
PENDENTES DOS XOGADORES TOCADOS
No deportivo o Pontevedra céntrase estes días en preparar o primeiro dos dous desprazamentos consecutivos que deberá afrontar na liga, comezando o vindeiro sábado en Xixón.
Catro futbolistas terán moi complicado viaxar a Asturias para enfrontarse ao filial do Real Sporting por diferentes problemas musculares, que lles manteñen á marxe do grupo.
Trátase de Capi, Jacobo, Miki e Tomás, sendo o último caso o que máis preocupa aos servizos médicos do club. Co que si poderá contar Luisito é con Campillo tras cumprir un partido de sanción.
Relacionadas:
-
Apelación devólvelle os seis puntos ao Racing, que pasa a estar a un do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sergio Lloves decide seguir no Pontevedra rexeitando unha oferta do Rápido de Bouzas
Por Ramiro Espiño |
-
Repartición de puntos entre Sporting B e Pontevedra (0-0) nun partido eslamiado
Por Redacción |
-
O Pontevedra en busca dunha vitoria en Gijón que lle permita durmir en postos de play-off
Por Ramiro Espiño |
-
Ao Pontevedra bástalle cunha gran primeira parte para impoñerse (3-1) ao Izarra
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Seis puntos menos para o Racing de Santander por unha sanción da FIFA?
Por Redacción |