Benidorm espera a un Teucro convencido de lograr o seu primeiro triunfo a domicilio
Por Diego Espiño
O Teucro afronta o primeiro dos catro desprazamentos que debe realizar durante o mes de outubro, entre liga e copa, visitando a cancha do BM Benidorm (sábado, 18:30 horas), un equipo que ata o momento estase a mostrar intratable como local.
Os azuis viaxan convencidos de que "tendremos nuestra oportunidad y opciones" sempre que o equipo poida "imponer el ritmo que nos interesa", explicou Quique Domínguez antes da saída da expedición.
O técnico non contará con ningunha baixa unha vez recuperados Chapela e Rial dos golpes sufridos no último partido, aínda que Edu Moledo e Andrés arrastran diversas molestias.
Para o preparador pontevedrés unha das claves do choque será "atacar bien y con criterio" as alternativas defensivas do Benidorm e dificultar "los lanzamientos desde la primera línea".
O equipo teucrista fixou a saída dende Pontevedra para a madrugada deste venres, tralo último adestramento da semana no Pabellón Municipal dos Deportes.
A parella arbitral encargada de dirixir o choque será a composta polos cataláns García Serradilla e Martín Lorente.
Relacionadas:
-
O Teucro roza a vitoria en Benidorm (33-33) e termina conseguindo un excelente punto
Por Redacción |
-
O Teucro, un club comprometido coa integración
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, ante o difícil reto de sumar puntos como visitante na Asobal
Por Redacción |
-
Máis "guerreiros azuis" que nunca para derrotar (31-29) a un bo Puerto Sagunto
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |